A rede FORTRA

FORTRA (Trazabilidad Forestal) é unha ferramenta dixital impulsada pola Xunta de Galicia que se pon a disposición das empresas forestais e dos consumidores co obxectivo de dar trazabilidade aos produtos baseados en madeira, rexistrando as operacións realizadas por todas as empresas que forman parte do proceso de transformación, dende o bosque ata o que chega ao mercado.

Para as empresa, permite construir unha rede para conectar dixitalmente a toda a cadea de valor do sector da madeira de Galicia, para que poidan informar a clientes e consumidores das características dos seus produtos elaborados a partir de madeira, incluíndo a súa pegada de carbono, así como o bosque do que proceden e as operacións que foron necesarias para a súa elaboración.

Co proxecto FORTRA, a Xunta trata de promover o uso de produtos de proximidade (producidos e transformados en Galicia), así como as compras responsables (produtos de baixa ou nula pegada de carbono) e respectuosas co medio ambiente (orixe legal, obriga de repoboación tras corta ou certificación forestal).

O código de trazabilidade

Grazas a FORTRA, o consumidor pode escanear un sinxelo código QR para coñecer o orixe da madeira utilizada nese produto, o seu proceso de transformación e o seu impacto no planeta.

FORTRA enmárcase no obxectivo do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica” de conseguir un monte dixitalizado e tecnificado, así como no de crear unha xestión forestal activa para o incremento da capacidade de fixación de carbono e a resiliencia das masas forestais ao cambio climático. Levouse a cabo ao abeiro da Estratexia de Dixitalización e Descarbonización (D&D) que tanto a Consellería do Medio Rural como a Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia veñen desenvolvendo nos últimos anos, concretamente no programa Primare de impulso da dixitalización no sector primario que dita Axencia vén levando a cabo en materia de prevención e apoio na extinción de incendios, instrumentos de mobilización de terras, entre outros.

Asemade, a ferramenta inclúe un sistema de trazabilidade público, transparente e confiable mediante o uso da tecnoloxía blockchain, que vai deixando rexistro de todos os pasos de transformación do produto, dende a orixe (monte), ata o produto final obxecto de venda. Deste xeito, confíreselles aos produtos transparencia e credibilidade, presentándose aos clientes como de proximidade (km 0), cunha pegada de carbono baixa ou mesmo negativa, libre de deforestación, baixo parámetros de xestión forestal sostible, e certificado (PEFC/FSC) se é o caso.

Nesa liña, FORTRA aporta valor engadido ao produto, aumentando a competitividade da empresa en cuestión no mercado, ao mellorar a integridade da cadea de valor e o sistema de dilixencia debida. Cabe apuntar que a tecnoloxía blockchain asegura que os datos non poden ser manipulados ou eliminados unha vez son introducidos e asinados en cada elo da cadea, o que ofrece unha garantía de autenticidade e transparencia.

A ferramenta FORTRA (Trazabilidade Forestal) enmárcase nunha estratexia de valorización dos produtos galegos basados en madeira. Foi desenvolvida pola Consellería do Medio Rural, a través da Dirección xeral de Planificación e Ordenación Forestal en colaboración coa Axencia de Modernización Tecnológica de Galicia (AMTEGA).

Garantía de confianza

Para rexistrar todos os datos de trazabilidade, FORTRA utiliza unha tecnoloxía chamada blockchain. O emprego da tecnoloxía blockchain garante a transparencia e a trazabilidade. A disponibilidade de esta información nunha cadea de bloques pública achega maior garantía de autenticidade, eliminando a posibilidade de falsificación dos datos presentados.

Cada unha das etapas da cadea de suministro e fabricación son rexistradas na cadea de bloques de maneira encriptada e inmutable. Cada transacción é asinada co certificado dixital da empresa, o que fai imposible que se poida falsificar, eliminar ou modificar a posteriori, xa que o resto dos actores participantes na rede podería detectalo de inmediato. Deste xeito, a tecnoloxía blockchain permite asegurar ao cliente que os datos que está visualizando proceden do fabricante con garantía de autenticidade.

Descarga de archivos relacionados