Destacados
Produtos destacados
Descarga de archivos relacionados
---
traza: FINSA_PRO_2023_01
category: Obra nova
product: Fachada termotratada
location: Financiera Maderera S.A. (FINSA)
memory: Fachada de madeira para o Centro de Formación y Experimentación Agroforestal de Sergude, pertence á Xunta de Galiza
tags: centro, formacion, sergude, industria, pineiro
---
Descarga de archivos relacionados
---
traza: MIKA+UXÍA
category: Artesanía
product: BRUXES
location: Aitor Martínez López de Arbina
memory: Haberlas haylas...e haylos. Pero teñen que atoparse e parece que así foi. Esta peza non ía saír do obradoiro porque non tiña nome, pero apareceron uns amigos de alguén que o tiñan claro e querían dar un espazo no que as almas se encontren e os corazóns estoupen para que cada vez que a miredes na casa. os voso ollos brillen recordando a todas aquelas persoas que vos queren incondicionalmente. Parabéns MIKA & UXÍA
tags: artesanal, decoracion, cerdeira
---
Descarga de archivos relacionados
---
traza: Xaneco-Zanfona-010823
category: Instrumento musical
product: Zanfona
location: XANECO
memory: A zanfona aseméllase a un violín mecánico no que vibran varias cordas polo rozamento dunha roda (situada na caixa de resonancia do instrumento) que xira grazas a un manillar ou manivela. As notas cambian ao premer as teclas dun teclado equipado cunhas palas que acurtan a corda melódica. A zanfona común ten dúas ou tres cordas melódicas ou de canto, das que se obteñen varias notas (unhas dúas oitavas dun piano), e dous ou tres pentagramas (cordas) nos lados, que emiten unha soa nota (normalmente máis baixa).
tags: artesanal, musica, cerdeira
---
Descarga de archivos relacionados
---
traza: ESC.220324-03
category: Toneles
product: Botas de carballo
location: Tonelería Tevasa
memory: Nos nosos aserradeiros especializados en tonelería, despézanse os troncos co sistema de corte quartier, consistente en facer sectores paralelos aos radios da madeira para que cando se faga aa bota con posterioridade, non haxa ningunha posibilidade de filtración nestas. O resultado de este proceso son as duelas coas que posteriormente se realizarán as botas ou toneis.
tags: bota, tonel, carballo
---
Descarga de archivos relacionados
---
traza: 001-24VT
category: Rehabilitación
product: Viga de batea recuperada
location: Hijos de Vicente M. Suárez Blanco S.L.
memory: Viga fabricada co material dunha batea, que ao chegares ao seu fin de ciclo de vida, é reutilizada e recuperada con fins constructivos.
tags: mexillon, construccionenmadeira, batea, industria, eucalipto
---
Descarga de archivos relacionados
---
traza: MN_PRO_CS_POR
category: Obra nova
product: Fachada termotratada centro saúde
location: Molduras del Noroeste SL
memory: Fachada de madeira para o Centro de Saúde do Porriño (Pontevedra), pertence á Xunta de Galicia
tags: centrosaude, oporrino, biofilia, industria, piñeiro
---
Descarga de archivos relacionados
---
traza: XILONOR_PRO_BUO_MONDONEDO
category: Obra nova
product: CLT
location: Xilonor
memory: CLT para a Base unidade operativa (BUO) do dispositivo de extinción contra incendios da Consellería do Medio Rural, pertencente á Xunta de Galicia. O CLT ou madeira contralaminada é un material estrutural destinado á construción que se fabrica en forma de paneis, que se compoñen de varias capas de táboas de madeira aserrada encoladas e colocadas de maneira perpendicular unhas capas sobre outras. Para a súa elaboración empréganse táboas de madeira aserrada clasificadas estruturalmente.
tags: BUO, construcionenmadeira, CLT, industria, pineiro
---
Descarga de archivos relacionados
---
traza: MB_565518_04
category: Obra nova
product: Alistonado
location: Maderas Besteiro SL
memory: Listón de madeira de piñeiro mecanizado ás 4 caras e cepillado THT Gradhermetic para o seu uso en aplicacións de traballos de construción en soportes para taboleiros de revestimento, estruturas de cubertas e tellados, fabricación de paredes, tabiques e todo tipo de cerramentos, rastreles en teitos e paredes para machihembrados, ou en traballos de carpintería: molduras, rodapiés, portas, envases, embalaxes.
tags: liston, construcionenmadeira, industria, pineiro
---
Descarga de archivos relacionados
---
traza:TECMODEL_20092023
category: Mobiliario
product: Tapas de mesa
location: Tecmodel
memory: Externalización ensamblaxe tapa de mesa 2000x800x40 fabricada con listóns de madeira de pino 2 cantos efecto rústico.
tags: mobiliario, mesaenmadeira, tapa, industria, pineiro
---
Descarga de archivos relacionados
---
traza: GSM30062023ETTRMDR001
category: Obra nova
product: Construción en madeira
location: Galega de servizos Mendo, s.l.u. (GSM construción)
memory: Vivenda familiar construída con materiais como madeira de proximidade, para a creación de edificios integrados coa natureza, dignos e compatibles coa vida familiar.
tags: vivenda, construcionenmadeira, industria, pineiro
---
Descarga de archivos relacionados
---
traza: AM-2023-0019-01-3.1
category: Aproveitamento forestal
product: Rolla longa de piñeiro
location: Ametlam SL
memory: Rolla longa de piñeiro xestionada de forma sostible baixo os estándares PEFC e FSC.
tags: rolla, aproveitamento, industria, pineiro
---
Descarga de archivos relacionados
---
traza: MHC-TMTC23-L003
category: Obra nova
product: Fachada termotratada
location: MADERAS HERMANOS CASTRO, S.L.
memory: Fachada en madeira termotratada para o proxecto realizado polo estudo Mol Arquitectura.
tags: construcion, termotratamento, industria, pineiro
---
Descarga de archivos relacionados
---
traza: FROUMA-TAC-2024
category: Arquitectura
product: ¡Que faena(r)! TAC Festival 2024 - Vigo
location: FROUMA
memory: ¡Que faena(r)! aborda de maneira paralela arquitecturas e artificios, tradición e mediación. Por unha banda, estúdase o vernacular que provén da tradición aplicado a un territorio que se cría consolidado; por outra banda, e como reto deste Festival, establécese un diálogo coas novas prácticas arquitectónicas como principal motor de cambio nun espazo público con novos condicionantes topográficos, climáticos, sociais, económicos, demográficos e produtivos.
tags: arquitectura, tac, batea
---
Descarga de archivos relacionados
---
traza: FINSA-PROYECTO_FINSA_BIENAL
category: Arquitectura
product: Bienal de Venecia
location: FINSA
memory: O Pavillón Español na 19ª Exposición Internacional de Arquitectura – La Biennale di Venezia, explora como a arquitectura pode reducir as externalidades ambientais asociadas aos procesos de produción para avanzar na descarbonización da arquitectura en España.
tags: arquitectura, festival, Venecia, Venezia
---
Descarga de archivos relacionados
---
traza: CESUGA-CONCENTRICO_2025
category: Arquitectura
product: Habitar el Río - Festival Concéntrico 2025
location: CESUGA
memory: Xunto ao sitio da antiga praia do Ebro, esta instalación descansa sobre o bordo definido pola lousa de formigón dun peirao de pouco uso -trazado polo home- e a ribeira natural do río Ebro, sempre cambiante, modelada pola natureza con cada cambio estacional. Este límite ofrece a oportunidade de crear un novo espazo de transición habitable que facilite a interacción entre o río e a cidade.
tags: arquitectura, festival, concentrico
---
Descarga de archivos relacionados
---
traza: AITOR-JUAG
category: Artesanía
product: JU
location: Aitor Martínez López de Arbina
memory: JU é a abreviatura de Julien. Julien é un home que vive nunha cadeira de rodas. Nietzsche fala do sagrado dereito a facer o que che pete e da sagrada obriga de aceptar as consecuencias, pero o difícil é ter que aceptar as consecuencias dos demais. Ju está nesa cadeira de rodas por mor dunha vacina, e agora chámanlle discapacitado. Recordo que entramos nun teatro para ver unhas obras, e emocioneime cando, de súpeto, unha man colleu a miña. Era Julien. Ese mesmo día, recibira unha carta dunha das miñas fillas, e emocioneime tanto que fun dar un paseo só. Cando volvín, Julien estaba alí, xunto á miña porta, preguntándome se necesitaba algo e agarrándome a man con forza. A súa sensibilidade e capacidade de escoitar son ilimitadas. Creo que ten moitas máis habilidades que moitas persoas que se autodenominan persoas sen discapacidade. Reflexiono, quen está cualificado para chamar a outra persoa discapacitada? Julien ensinoume moitas cousas. Todo o que fago, el tamén o fai, mesmo que teña que enfrontalo e abordalo de forma diferente. Penso nel moitas veces mentres dou voltas, e está nesta peza que presento como unha homenaxe a todos aqueles que viven coas súas feridas, cicatrices, angustias e problemas, e mesmo con todo iso, sempre miran cara ao ceo, sen resentimento e reflectindo luz, tratando de iluminar a aqueles de nós que, a pesar de ter moito máis, non atopamos nada suficiente.Ju, é unha homenaxe a unha persoa á que chamamos discapacitada, é un exercicio de arrogancia e ignorancia. É unha homenaxe a un amigo que, dende a súa cadeira de rodas, mellorou a miña vida despois de coñecelo. Ju, quérote.
tags: artesanal, decoracion, carballo
---
Descarga de archivos relacionados
---
traza: MHC-MHC-TL2402-20
category: Obra nova
product: Laminado
location: MADERAS HERMANOS CASTRO, S.L.
memory: ALPENDRE DE RECTORAL DE SANTIAGO DE RABEDA.
tags: construcion, laminado, industria, pineiro
---
Descarga de archivos relacionados
---
traza: MHC-MHC-TMT24T3-01
category: Obra nova
product: Táboa termotratada
location: MADERAS HERMANOS CASTRO, S.L.
memory: ALPENDRE DE RECTORAL DE SANTIAGO DE RABEDA.
tags: construcion, termotratamento, industria, pineiro
---
Descarga de archivos relacionados
---
traza: EFERRO-Modelo_Pineiro_01
category: Artesanía
product: Modelo Piñeiro
location: EFERRO
memory: Zocos de mostra para o evento Piñeiros 25, achegando a madeira de piñeiro do noso país ao noso calzado máis ancestral, valorando o seu resultado unha vez remate o período de probas.
A función principal dos zocos é manter os pés secos e quentes, por iso o mellor é usar a madeira sen ningún tratamento para que o pé transpire, dependendo da súa densidade e humidade definiremos o seu comportamento.
As máquinas empregadas para darlle forma son serra de cinta, excavadora, fresadora e lixadora.
tags: artesanal, zocos, pineiro, mostra
---