______________
Os produtos FORTRA veñen etiquetados cun código QR que o consumidor pode escanear co seu móvil para coñecer a orixe da madeira utilizada nese produto, o seu proceso de transformación e o seu impacto no planeta.
A información que proporciona é a seguinte:
- Nome do produto
- Características técnicas
- Nome da empresa que o fabricou
- Data de fabricación
- Número de unidades no lote
- Pegada de carbono, en quilogramos.
- Compromiso de rexeneración - deforestación 0
- Certificacións PEFC, FSC ou marca de garantía Pino de Galicia
En canto ao orixe da madeira, móstrase a seguinte información:
- Lote(s) de aproveitamento (posibilidade de agrupamento)
- Toneladas e porcentaxe de uso de cada lote
- Localización (lugar e referenza catastral)
- Número e data de expediente/licenza de corta
- Localización cartográfica, coordenadas
- Especie, volume, CO2 absorbido
- Certificación forestal
- Fotografías da parcela (opcionalmente)
- Outros datos relacionados co aproveitamento
Por último, amósanse as operacións de transformación que deron lugar ao produto consultado.
- Empresa que realizou a operación
- Data da operación
- Número se serie do lote
- Número de unidades no lote
- Localización xeográfica do centro de transformación
- Fotografía del lote (opcional)
- Información adicional das características do lote
Información de confianza
FORTRA utiliza unha tecnoloxía chamada blockchain. O blockchain garante a transparencia e a trazabilidade, xa que é unha tecnoloxía que impide que os datos poidan ser engadidos, eliminados ou manipulados de calquer xeito a posteriori. Tamén proporciona garantía de autenticidade, porque cada operación que forma o informe de trazabilidade é asinada dixitalmente por cada empresa que participou no proceso de transformación.
A certificación de orixe que aporta o feito de que a cadea de trazabilidade comeza nun aproveitamento de madeira autorizado pola Xunta de Galicia (EUTR) máis o uso da tecnoloxía blockchain en todo proceso fai que a información que obtén o consumidor ao escanear una etiqueta FORTRA teña o máximo nivel de confiabilidade.