___

Información para o consumidor

Os produtos FORTRA veñen etiquetados cun código QR que o consumidor pode escanear co seu móbil para coñecer a orixe da madeira utilizada nese produto, o seu proceso de transformación e o seu impacto no planeta.

A información que proporciona é a seguinte: Aplicación web pública

  1. Nome do produto.
  2. Características técnicas.
  3. Nome da empresa que o fabricou.
  4. Data de fabricación.
  5. Número de unidades no lote.
  6. Pegada de carbono, en quilogramos.
  7. Compromiso de rexeneración - deforestación 0.
  8. Certificacións PEFC, FSC ou marca de garantía Pino de Galicia.

En canto á orixe da madeira, móstrase a seguinte información:

  1. Lote(s) de aproveitamento (posibilidade de agrupamento).
  2. Toneladas e porcentaxe de uso de cada lote.
  3. Localización (lugar e referenza catastral).
  4. Número e data de expediente/licenza de corta.
  5. Localización cartográfica, coordenadas.
  6. Especie, volume, CO2 absorbido.
  7. Certificación forestal.
  8. Fotografías da parcela (opcionalmente).
  9. Outros datos relacionados co aproveitamento.

Por último, amósanse as operacións de transformación que deron lugar ao produto consultado.

  1. Empresa que realizou a operación.
  2. Data da operación.
  3. Número de serie do lote.
  4. Número de unidades no lote.
  5. Localización xeográfica do centro de transformación.
  6. Fotografía do lote (opcional).
  7. Información adicional das características do lote.

Información de confianza

FORTRA utiliza unha tecnoloxía chamada blockchain. A blockchain garante a transparencia e a trazabilidade, xa que é unha tecnoloxía que impide que os datos poidan ser engadidos, eliminados ou manipulados de calquer xeito a posteriori. Tamén proporciona garantía de autenticidade, porque cada operación que forma o informe de trazabilidade é asinada dixitalmente por cada empresa que participou no proceso de transformación.

A certificación de orixe que aporta o feito de que a cadea de trazabilidade comeza nun aproveitamento de madeira autorizado pola Xunta de Galicia (EUTR) máis o uso da tecnoloxía blockchain en todo proceso fai que a información que obtén o consumidor ao escanear una etiqueta FORTRA teña o máximo nivel de confiabilidade.

Descarga de archivos relacionados